Organigrama
Estatutos
Clubs
Arbitros
Médico
Licenzas
Enlaces
Descargas
Alto Nivel
DEPORTES
CALENDARIO
RESULTADOS
RÉCORDS
GALERÍAS
Paralímpicos Galegos
Ránking
Internacionais
SYDNEY 2000 ATENAS 2004
PEKIN 2008
CLUBS:
ADM
Ferrol
AMFIV
BASKETMI
CLUB DEL MAR
TENIS MARINEDA
VELA ESCOTA
PERSOAIS:
Alvaro
Illobre
Martín Varela
Boccia
Pablo Cimadevila

FGDMF
Luis Ksado 17 of.4
VIGO 36209
TEL: 986201660
FAX:986201604
E-mail:
correo@fgddf.org
Esta páxina vese mellor en Internet Explorer, a 800x600 e fonte mediana
25/1/2005.-
Varios gallegos convocados en las preselecciones de Baloncesto.
En la masculina absoluta están preseleccionados Lorenzo Envo
y David Mouriz. En la Sub-22, Agustín Alejos,
Julio Alberto Vilas, Marcos Dieguez y J.
Manuel Barroso, y en la femenina está M. Victoria
Alonso. Las selecciones definitivas se compondrán después
de la competición de Copa.
18/12/2004.-
Se disputó el Torneo de Tiro Olímpico "por la Integración".
Organizado por el club A Roda, celebrado en
el Club de Tiro de Rañobre (arteixo) bajo el patrocinio de la Excma.
Diputación de A Coruña. Gran participación en pistola,
donde ganó Sebastián Fco. Rodriguez (open), seguido de Angel
Cantón (el primer "minus") y Julián Vigara.
31/10/2004.-
José Manuel Abal se clasificó 20º en el Medio-Maratón
de Oita (Japón). >Atletismo
30/10/2004.- Manuel Brage (ADM Ferrol), Jesús Gómez
(A Roda) y Juan Saavedra, campeones gallegos de tiro olímpico 2004.
Se dá por finalizada la competición
de este año con la última tirada de Arteixo de este fin de semana.
Toda la información, en nuestra página de >Tiro.
11/10/2004.- Amfiv ganó la Copa Gallega de Baloncesto al vencer a Basketmi
por 56 a 26 en Corme.
4/10/2004.- Alvaro Illobre gana el Open de Zaragoza de Tenis.
29/9/2004.- Paralimpiadas. Chano Rodriguez consigue 3 medallas de oro en Natación
y sendas plusmarcas mundiales, además del bronce por relevos, al que
también contribuyó Pablo Cimadevila. Juan Saavedra estuvo a
punto de medalla en Tiro.
BALONCESTO
- Copa Galega
C.D.AMFIV
75 - BASKETMI 36
Os equipos galegos de Baloncesto Amfiv de Vigo e Basketmi de Ferrol volveron a disputar unha nova edición da Copa Galega de Basket. Os 39 puntos de diferenza manifestan o ocurrido na cancha, pese a que o equipo ferrolán empleouse con gañas e tivo momentos de gran calidade. Chegouse ao descanso cun marcador de 43-19. O terceiro cuarto fi o mellor para o Basketmi, cun parcial en contra de 16-13. No último cuarto o equipo vigués fixo presión, desmerecendo o espectáculo. -->fotos
HALTEROFILIA
O ferrolán
Luis
Miguel Pita, do club Powerfénix Ferrol, foi o gañador absoluto
da primeira proba valedeira para o Campionato de España disputado
en Ferrol, cun levantamento de 152,5 Kg.
En categoría feminina, Loida Zabala (Asturias), na categoría
de hasta 52 Kg, levantou 95.
Pita está pendente de obter unha invitación para poder estar
na Paralimpiada de Londres. -->
fotos
NATACION
Chano Rodriguez e Pablo
Cimadevila serán os únicos integrantes da selección
galega de natación para os vindeiros Campionatos de España
por autonomías que se disputará en Castellón o 10 e
11 de marzo vindeiro, de cara a obter as marcas mínimas necesarias
para as paralimpiadas.
Ambos áchanse no centro de Alto Rendemento de Madrid como compoñentes
da selección española que se preparan a fondo para volver
a traer medallas paralímpicas para Galicia.
Campionato
de España de Esgrima - 1ª proba puntuable.
Coas instalacions do Club del mar como escenario e o Club
100tolos como organizadores, disputáronse durante o sábado
pola mañán as probas de florete e sable, quedando para a tarde
a de espada. Poucos participantes (6) para esta primeira experiencia oficial
desta modalidade en Galicia, pero a próxima vez será millor,
sen dúbida, grazas ó bo facez de Ruth e o seu equipo.
O tirador galego do club 100tolos Daniel Prada repetíu
3º posto en tódalas categorías.
Campionato
Galego de Tiro Aire (19/11/11)
- Juan Saavedra firma unha tarxeta de 600 puntos.
Novamente foi en Arteixo onde se disputou esta nova edición. Poucos
participantes e sin sorpresas nos resultados. En pistola destacou Oscar
Sanmartín (537) sobre Juan Saavedra (507). En carabina tendido destacou
a inmellorable marca de Juan Saavedra (600). En carabina pe Manuel Brage
acadou 561 puntos.
Copa
galega de Baloncesto.
Os dous equipos galegos volveron a enfrentarse na clásica copa galega,
na que o equipo vigués era o favorito pola diferencia de categoría
na que militan ambos conxuntos.
Dende o primeiro momento o Amfiv colocouse diante no marcador e o Basketmi
foi a remolque, facendo o que podía. Ambos conxuntos deixaron ver
o pouco entreamento que levaban nestas alturas da tempada, pero foi un bo
espectáculo no pavillón do ensanche. O resultado final: Basketmi
28 Amfiv 73. Os máximos anotadores foron David Mouriz (Amfiv) e Pedro
Paz (Basketmi) con 18 puntos cada ún.
10
xullo 2011.- Campionato galego de tenis.-Disputouse en Ourense a 2ª
edición no club Santodomingo
Boa participación nesta segunda edición do campionato galego
desta modalidade deportiva que está conseguindo atraer a un bo número
de practicantes. A final individual estivo protagonizada polas nosas mellores
raquetas, e nesta ocación gañou Alvaro Illobre a Martín
Varela por 7/5 e 6/3. En dobles, a parella Varela-Cantelar impúxose
a García-Gutierrez por 6/2 e 6/3.
A
Asemblea Xeral da FEDDF elixiu a José Alberto Alvarez
Na Asemblea
extraordinaria celebrada o domingo, Alberto acadou 36 votos frente aos 25
do outro candidato, Antonio Cifuentes.
Alberto sinalou
os grandes retos que temos a partir de hoxe, sendo o mais complicado e decisivo
o proceso de integración nas federacións unideportivas.
Alberto era ata agora o presidente da Federación Asturiana e é
ben coñecido e estimado por todos. É economista e ten 39 anos.
Crónica
da noticia na web da Federación Española
MARTIN
VARELA (Marineda) faise co I Open Internacional "Cidade da Coruña"
A
final da competición foi entre os dous mellores xogadores galegos
do momento: o cormelán Martín Varela (Tenis Marineda) e o
aresán Alvaro Illobre, do club ADM de Ferrol.
A longa rivalidade entre os dous, na que Alvaro levaba ventaxa, quixo que
esta vez a victoria a levara Martín pola sua entrega e convicción
na victoria.
A organización deste evento
foi un completo éxito deportivo e de público. ----›MAIS
SIGUEN
OS EXITOS DOS NADADORES GALEGOS
No último
campionato de España celebrado en Murcia, nosos nadadores conseguiron
6 medallas de ouro, duas de prata e unha de bronce. Chano sigue contando
as suas probas por medallas de ouro (50, 100 e 200 libres), e está
convocado pola selección nacional para os europeos de Berlín
(3 a 10 de xullo).
Pablo Cimadevila está lesionado e non poderá asistir
A novidade foi o xoven nadador ourensá Aitor Grande, que conseguiu
3 medallas de ouro (100 libres, 200 libres e 100 espalda), pero o próximo
ano nadará baixo licencia da FEDPC.
ESGRIMA O
club de esgrima 100tolos de Oleiros foi un dos protagonistas no Campionato
de España de esgrima disputado en Madrid.
Por unha banda, Daniel Prada acabou na terceira posición,
mentras que o utro floretista do 100tolos, Jorge Barral, firmou unha meritoria
quinta praza. A adestradora de ambos tiradores é a maestra coruñesa
Ruth Ballesteros. E a primeira vez que deportistas galegos participan nunha
competición oficial nesta modalidad deportiva.
Juan
Saavedra consigue o pase para Londres 2012.
Grazas á medalla de bronce en carabina 50 metros conseguida no Open
Internacional de Alacante. Tras conseguir 591 puntos na tanda inicial, sumou
103,5 na fase final.
O titrador do club Lucero de Pontevedra participará nunha paralimpiada
por segunda vez, tras quedar cuarto en Atenas e non poder asistir en Pekin.
HALTEROFILIA
Disputouse en Ferrol a primeria proba do calendario nacional 2011, donde
o ferrolán Luis Miguel Pita proclamouse campión absoluto.
Disputouse no polideportivo de Esteiro e estivo organizada polo club Powerfénix
e a Asociación de Diversidade Funcional de Ferrol. Asistiron os mellores
levantadores do panorama nacional.
TIRO
OLIMPICO Campionato Galego
2010
Juan Saavedra impúxose tanto en carabina (597) como en pistola (511).
Contamos coa participación por vez primeira de Paulo Fontán,
do club Lucero.
Alvaro
Illobre, Campión do Masters nacional.
Vencendo a Daniel Caveszachi na final, Alvarito logrou de novo o master
nacional, o que lle dará forza para afrontar a carreira hacia Londres.
---> noticia en estoesdxt
TENIS:
Galicia, subcampiona por seleccions
Esta vez foi Madrid
quen nos arrebatou o titulo. Tras vencer Illobre e perder Gutierrez nos
individuais, caimos nos dobles. ---> Cronica
HALTEROFILIA Luis
Pita, de novo Campion
de España
Luis Miguel Pita, do club Powerfenix de Ferrol, volveu revalidar sua superioridade
na cuarta proba do Campionato de España que se disputou en Oviedo.
Con 3 levantamentos validos de 140, 150 e 155 Kg, queda campion de España
na categoria de 75 Kg e tamen na clasificacion absoluta.
I Campionato Galego de Tenis en Cadeira de Rodas
ALVARO ILLOBRE foi campión en individual. En
dobres gañou a parella formada por Alvaro Illobre e Pedro Paz. O
I Campionato Galego de Tenis en Cadeira tivo lugar no Club de Tenis de Redes,
do 16 ao 19 de agosto, coincidindo co torneo Social de devandito club. Participaron
11 xogadores, nunha única categoria absoluta. O torneo é organizado
polo Club ADM Ferrol e o Club Tenis Redes.
--> Crónica
--> Fotos
TIRO CON ARCO
Guillermo Rodriguez, 5º no europeo de
Vichy.
Despois
de conseguir o título nacional, Guillermo acudíu como seleccionado
por España ao europeo disputado en Vichy (Francia).
Na súa especialidade, o Arco Composto, foi 5º, tras perder o
paso a semifinais ante o británico John Stubbs por 6-4.
TENIS DE MESA III
Trofeo Grumico
O club Grumico SD organizou na súa sede en A Coruña o terceiro
trofeo de tenis de mesa. Acudiron palistas de 4 clubes, e os gañadores
foron:
En pe: Campión Alberto Seoane / 2º: Guillermo
Doldán
Cadeira: Campión Pepe Barrio / 2º Albeto Novo
Dobles Cadeira: Campions Barrio-Juanatey, segundos: Rivera-Mouriño.
TENIS
Subcampionato
para Alvaro Illobre
No Campionato de España disputado en Cádiz, e respectando
o seu posto no ránkin nacional, Alvaro Illobre quedou Subcampión
e Martín Varela, terceiro. Alvaro perdeu na final con Kiko Tur por
6-4 e 6-2.
A selección galega trae choiva
de medallas do nacional por autonomías de Zaragoza
Os
3 mellores nadadores galegos viaxaron a Zaragoza buscando as mellores marcas.
Chano Rodriguez (Galaico): 3 ouros en 50, 100 e 200 libres
Pablo Cimadevila (Galaico): ouro en estilos, prata en 100 braza e 100 espalda.
Alfonso García Ventoso: 4 ouros en 50, 100, 200 e 400 libres
---> Resultados
Campionato Galego de Vela. Disputouse
en augas da Ría da Coruña, organizado polo Real Club Náutico.
Houbo competición de 2.4, Access, Yatland 460 e Raquero. --->Ampliar
--->Resultados --->fotos
Campionato de España de Halterofilia Gran
espectáculo en Ferrol (20/2/2010)
Organizado polo club Powerfénix no pavillón do Ensanche,
disputouse a primeira proba deste ano valedeira para o Campionato de España.
--> Resultados --> fotos
TENIS
DE MESA Campionato
de España Integrado
Disputouse
en Antequera o 40 Campionato de España. A millor noticia é
que Alberto Seoane revalidou seu título de Campión de España
da clase 6. O equipo do Club do Mar quedou 3º. Nas clases baixas (cadeira)
sinalar o 4º posto de Mouriño e Barrio. En resume, bos resultados,
mais ou menos o previsto.
-> video
de TVparalimpicos
TENIS
DE MESA Disputado o Campionato Galego en Serra de Outes.
En
Individual pe gañou Alberto Seoane (Club del Mar), en individual
cadeira foi Alberto Novo (ADM Ferrol) e en dobles foi campiona a parella
Javier Mouriño y David Rivera (Grumico SD). Contamos coa presenza
do Concellal de Deportes de Outes. Destacou a participación dun novo
xogador de Adeco, de 13 anos, Abel Veiras (3º en pe)
--> Resultados
Fotos
TENIS
- Cataluña levouse o Campionato por autonomías
disputado en Cambre tras vencer a Galicia.
Tras
chegar ambas seleccións á final, os partidos individuais deron
un punto a cada equipo, polo que houbo que disputar o partido de dobles,
que gañou o combinado catalá por 6-4 e 7-5. O xogo recaíu
nos xogado-res número 2 de cada equipo, estando mais acertado o xogador
catalán. Moitos fallos e nervos nos galegos, que vían como
non eran quen de achegarse no marcador.
-->Fotos
Abegonsa BASKETMI-39/Aldasa AMFIV-68
Os de Vigo volveron levarse a Copa Galega de Baloncesto ante os ferroláns.
Os locais solo aguantaron os 6 primeiros
minutos (10-10); logo Amfiv foi escapándose no marcador. Este partido
serviu ademais como ensinanza para ambos cara o primeiro partido da Liga
Nacional, este vindeiro fin de semana. O máximo anotador foi Prieto
(amfiv), con 21 ptos.
HALTEROFILIA
Luis Miguel Pita, Campión de España.
Disputada en Oviedo a 3ª proba do calendario nacional, o levantador
de Powerfénix de Ferrol proclamouse Campión de España
na categoría de 75 Kg, e tamén Super-campión en cómputo
conxunto de todas as categorias por puntos.
Ostenta o récord de España de 75 Kg con 161,5 K. e de 82,5
Kg con 167,5
Automobilismo: Oswaldo Davila gañou o galego e Alvaro Illobre o nacional. Disputado entre Ferrol e Vilalva, constou de dúas etapas; unha o sábada pola tarde e a segundo o domingo de mañá.
Excelentes resultados
dos galegos no internacional Alacante World Cup de tiro paralímpico.
Oscar Sanmartín (A Roda) conseguíu medalla de ouro
en pistola deportiva.
Juan Saavedra (Lucero) foi prata en carabina tendido
SH2, bronce en carabina pé, e bronce
tamén en carabina tendido en 50 mts. Participaron 100 deportistas
de 16 paises.
IX
Edición, do
OPEN DE FERROL DE TENIS
O galego Alvaro Illobre (ADM
Ferrol) volveu levarse o máximo galardón do Open de Ferrol.
Alvaro gañou na final ao seu eterno rival Martín Varela (Marineda)
nunha apasionante mañán de tenis no Club de Campo por 6-4,
5-7 e 6-4. ---> Leer mais --->
Fotos
Disputouse na Coruña a I Regata Yatlant
460.
O regatista galego Javier Iribarren gañou a Regata de Vela en barcos
Yatlant 460 que organizou a Fundación María José Jove
na Coruña. O representante do Club de Vela Escota de Vigo, impúxose
en tres das cuatro mangas da gran final a seus rivais, Antonio Figueroa,
Ignacio Robles y Rafael Andarias. --->
Fotos
Antonio Figueroa, do club Vela Escota, quedou segundo na regata de Aguadulce
en El Atazar (Madrid). O primeiro foi Rafa
Andarias (Jávea), e o terceiro Israel Vega, do mesmo club. O galego
fixo segundo nas catro mangas. Esta proba é valedeira para o ránking
nacional de vela. ---> Ampliar
Juan
Saavedra en Carabina e Oscar Sanmartín en Pistola, campións
galegos de tiro. Manuel Brage
foi segundo en Carabina Mach tras Saavedra e en Pé,
tras o veterano Sanmartín. ...>
Ampliar
Pablo Cimadevila participará no Campionato Europeo de Reykjavik,
logo de conseguir a mellor marca europea do ano no Nacional de Cadiz...>
Ampliar
Juan Saavedra e Manuel Brage conseguiron sendos 1º postos no Torneo
de Cantabria. Saavedra foi primeiro en Carabina
tendido (598), seguido de Brage (593). En carabina mach, Manuel Brage foi
o campión (566) diante do vasco Emilio Alday.
2º proba do Campionato Galego de Tiro - Carral ...>Ampliar
Alvaro Illobre e Martín Varela, Campión e subcampión
do III Trofeo Ergosaude de Marineda. ...>
Ampliar
Alberto Seoane, campión de España de Tenis de Mesa. O
Club do Mar de San Amaro, 4º por equipos. ... > Ampliar
... >
VER VIDEO
Os levantadores galegos, campión e subcampión no torneo de
halterofilia de Pinto. José Permuy
foi o campión e Luis Miguel Pita, segundo, con récord nacional
incluído. ... > VER
VIDEO
Galicia, Campiona do Autonómico de Basket ... > Ampliar
Severino
Mata consegue a medalla de prata na proba de Ruta nos Campionatos de España
disputados en Puerto Lumbreras.
Foi cuarto
na proba de contrareloxo individual. ... >
VER VIDEO
Basketmi consegue o ascenso a 1ª nacional.
Alvaro Illobre, Campión de España outra vez
1ª Proba do Campionato Galego de Tiro
Oscar Sanmartín (A Roda) gañou en pistola aire e Juan Saavedra
(Lucero) en Carabina Tendido SH1 ... >> Ampliar
Severino Mata, medalla de bronce nos nacionales de Pista. Nos pasados campionatos de España de Ciclismo en Pista disputados en Galapagar logrou o bronce en persecución. Na proba do kilómetro foi quinto ...>> Ampliar
Alberto
Novo, Alberto Seoane e Javier Mouriño lévanse os primeiros
postos do Trofeo Grumico. ..... >>
Ampliar
Vicki González logra a medalla de prata no Slalom Xigante do Campionato
de España de Esquí. A Santiaguesa
do Adeco Dea foi segunda tras Natalia Carpanedo, na categoría de
cadeira. En slalom non acabou, tras salirse nunha porta.
Alvaro Illobre gañou a Martín Varela na final do Open de Lleida
...... >> Ampliar
Novo triunfo do Basketmi, que se coloca primeiro. ...>>Ampliar
Alberto
Seoane, Campión no Open de Hungría por equipos.
En individual perdeu en cuartos fronte ao campión.......>>
Ampliar
7º,
9º e 11º para os integrantes de Escota en Santander
Os regatista do club Escota de Vigo acadaron uns resultados
discretos na primeira regata da tempada, disputada en Santander. Seguimos
con probaturas, cambiando de barcos, e non damos co definitivo. En Santander
fixo moito vento e entrou moita auga e a máis de un houbo que rescatalo
antes de que afundira. foi un aperitivo de cara as dúas seguintes
probas, a disputar en Palma de Mallorca.
Basketmi volve gañan e achégase á fase de ascenso ..>> Ampliar
Alvaro
Illobre e Martín Varela chegan á semifinal en Cuneo (Italia)
En individual, Alvaro caíu en cuartos.....
>> Ampliar
1
ouro e 1 prata para Alfonso García no Cto. España de Natación
O único representante galego no Campionato
de España de Natación por autonomías disputado en Murcia
trouxo unha medalla de ouro en 400 libres (5:54,65), e unha de prata en
100 libres(1:17,48), a 5 segundos do fenómeno Daniel Vidal. Non está
mal para comezar a tempada. Alfonso é do club Adeco Dea de Noia e
aspira a grandes cousas, en vista das súas marcas. Todo será
poñerse.
ALVARO
ILLOBRE, Mestre Nacional
Martín Varela, terceiro
O tenista de ADM Ferrol ven de gañar o Master Nacional de Tenis disputado
en Burgos. Un novo éxito no seu palmarés. O outro galego,
Martín Varela, da escola de tenis de Marineda, logrou o terceiro
posto, logo de perder na súa semifinal. O número 1 nacional,
Kiko Tur, non puido asistir por continuar con molestias no seu brazo
O
Campionato de regulariedade, entre Ares e Mugardos.
Como todos os anos, saiu da sede de ADM Ferrol unha nova
edición do rallie ferrolano. Mais ou menos as mesmas caras entre
os federados,
coa novidade dun equipo asturiano (Edu e Chema), que o fixeron moi ben para
ser a primeira vez.
No campionato galego volveron ser os mellores Manuel Brage e Olga, diante
do equipo de Angel Gárate e de Alvaro Illobre e Carla.
Nova
edición do Torneo de Ferrol de Tenis
Alvaro Illobre volveu gañar o clásico
Open de Ferrol, que este ano se celebrou mais tarde por mor da Paralimpiada.
Tras 3 días chuviosos, nos que houbo que xogar baixo teito, a final
presentábase cun día espléndido, con Marta Souto como
espectadora especial e a TV de por medio. Foi unha mágoa que o catalán
Kiko Tur tivera que retirarse por una lesión de cóbado e solo
se puidesen ver algún xogos.
A
SELECCION GALEGA DE TENIS, CAMPIOA
En Albacete disputouse o Campionato de España por autonomías,
título que viaxou para Galicia despois de eliminar a Aragón
en semifinais e Cataluña, os favoritos, na final.
A selección estivo formada por Alvaro Illobre (ADM
Ferrol, recente participante na paralimpiada de Pekín), Martín
Varela e Juan Gutierrez (ambos da Escola de Tenis
Marineda de Cambre).
Disputouse
o I Torneo Grumico SD de Tenis de Mesa.
Na sede social deste club coruñés se deron cita os clubs de
tenis de mesa para disputar este amistoso. Os resultados foron: En pé
gañou Manuel Casas a Guillermo Doldán (ambos do Club del Mar).
En cadeira venceu Alberto Novo (ADM Ferrol) a Pepe Barrio (adeco Dea). Por
parellas venceron Mazás e Novo a Barrio e Juanatey.
Axudas e Subvencións
Data |
Deporte |
Competición |
Lugar |
| 14 abril | Vela | Encontro na Ría de Vigo | Ría de Vigo |
| 28-29 abril | Automobil | Campionato Galego | Ferrol-Ordes |
RESULTADOS COMPLETOS 2011:
AUTOMOVILISMO BADMINTON
BALONCESTO ESGRIMA
HALTEROFILIA
NATACION
TENIS
TENIS DE MESA
TIRO ARCO
TIRO OLIMPICO